07 de Septiembre de 2010, 09:40:24 *
Bienvenido(a), Visitante. Por favor, ingresa o regístrate.

Ingresar con nombre de usuario, contraseña y duración de la sesión
 
  « Portal...   Inicio   Ayuda Calendario Ingresar Registrarse  
Páginas: [1]   Ir Abajo
  Imprimir  
Autor Tema: CONVOCATORIA REUNIÓN ABIERTA - VIERNES 26 FEBRERO 17:30 H.  (Leído 339 veces)
0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.
Kris
Moderador
*
Mensajes: 2178


Nunca el tiempo es perdido


« : 24 de Febrero de 2010, 06:28:29 »

CONVOCATORIA REUNIÓN ABERTA

Ola a tod@s!

Ante a noticia do peche do servicio de educación maternal no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), e continuando coa labor iniciada polo grupo de apoio á lactancia materna, Criando, convocamos a unha reunión aberta a toda persoa ou entidade interesada en promover algún tipo de acción para solicitar o traslado da unidade e a súa continuidade. Esta reunión aberta terá lugar o próximo Venres 26 de Febreiro ás 17:30h. no Centro Cívico do Castrillón de A Coruña.

Agradecemos que dinfundades esta convocatoria.

Esperamosvos!

Gracias

QUEREMOS QUE A UNIDADE SIGA A FUNCIONAR




ANTE O PECHE DA UNIDADE DE EDUCACIÓN MATERNAL

Tivemos coñecemento por medio da prensa de que o día 1 de Marzo péchase a Unidade de Educación Maternal do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera de A Coruña, coa única razón de ampliar a cafetería. Dende a asociación “Kanguras, Criando en Brazos” (asociación para o apoio á crianza, nos seus diferentes aspectos) facémonos eco da protesta que comezou a asociación de apoio á lactancia Criando, e que tamén secunda ALMA LACTANCIA. Queremos, ademais, subliñar o significado deste peche e expoñer os motivos  polos que esiximos á Xunta de Galicia e SERGAS que mude a unidade a outro sitio en lugar de pecharse definitivamente.

Dos servizos prestados nesta unidade mantéñense unicamente os grupos de preparto nos Centros de Saúde San Xosé e Os Maios.

Pérdense definitivamente os grupos de posparto (con todo o que leva consigo: exercicios de recuperación –solo pélvico e outros-, os primeiros meses do neno –puericultura, situacións de emerxencia máis frecuentes, alimentación complementaria, masaxe, gateo, vivencias acuáticas…- apoio á lactación materna). Tamén se perden os programas da menopausa, incontinencia… Non se muda todo isto a ningún outro centro. Simplemente desaparece.

Nun principio hai un compromiso da Consellería de que todo isto se asuma dende Atención Primaria, aínda que non será así, xa que o que caracterizaba a esta unidade era a atención inmediata, cando o problema estase a producir. Unha mala postura ó mamar, unha ingurxitación, deben ser atendidas no momento, non poden quedar pendentes dunha cita, e esa atención inmediata é o que non se vai producir.

Tampouco está claro que se vaian formar grupos para isto. A existencia dos grupos é fundamental, non se trata de aulas se non de traballar sobre situación concretas, aprendemos sobre a práctica, unas nais (familia, mulleres, homes) axudamos a outras e somos axudados, sérvenos como aprendizaxe coñecer de primeira man as situación nas que se atoparon cos seus corpos, cos seus fillos, coas súas emocións, súas dúbidas e as desesperacións que che entran ás veces cando tes un neno pequeno nas túas mans, cando o teu corpo comportase coma nunca antes, moitas veces por vez primeira, con frecuencia sen referentes próximos, e como esas outras persoas o afrontaron; é insubstituíbel a sensación de confianza, de seguridade que da ter un lugar ó que acudir cando se presenta unha situación así sabendo que vas ser atendida, que hai outras persoas que xa pasaron pola mesma situación ou pódense poñer no teu caso e van a dedicarche o tempo, paciencia e a sabedoría que da a experiencia en carne propia a axudarte… Non hai nada que substitúa iso. Iso non se resolve nunha consulta.

O área de influenza do C.H.U.A.C. abrangue 28 concellos, non poucas persoas quédanse sen esta atención. O peche da Unidade no Teresa Herrera é unha decisión tomada. Pero no Centro de Saúde San Xosé hai  aulas que neste momento estanse utilizando as tardes dos martes e xoves polo grupo de preparto, e o resto de tardes pola asociación de apoio á lactancia Criando. Durante as mañáns esas aulas non se utilizan e a Unidade podería ser trasladada alí. Hai o lugar, hai o persoal, hai disposición pola súa parte para o traslado, non se entende cal é o problema para non facelo.

Unha mala recuperación do solo pélvico son relación sexuais dolorosas e un posible descolgamento de matriz nun futuro ca súa conseguinte operación; unha ingurxitación mamaria pode supoñer o abandono dunha lactación exitosa con todo o que isto supón, non contar coa información e o apoio desta Unidade supón innumerables visitas angustiosas a Urxencias, pediatría ou xinecoloxía por problemas que terían solucionado facilmente na casa tendo a información que en Educación Maternal estase a dar. Isto non son só problemas para as nais, súfrenos tamén os país, preocúpanse os avós, os amigos, os que rodean a unha familia con una xestante, cun bebé, cunha muller mal recuperada dun mal parto. Non comprendemos o criterio para a supresión deste servizo, nin sequera supón un recorte de gastos. Non é ningunha parvada a labor que aí se leva a cabo.

Por todos estes motivos e xa que a solución é sinxela, esiximos que a Unidade de Educación Maternal trasládese ó Centro de Saúde San Xosé de forma inmediata para que non se interrompan sequera os grupos que agora mesmo están e marcha, e confiamos en que a Consellería de Sanidade, na súa política de mellora da calidade do servizo, fomenten non unha, se non moitas destas unidades para que o maior número de persoas poidan recibir esta formación e apoio.

« Última modificación: 24 de Febrero de 2010, 03:28:24 por Kris » En línea
Páginas: [1]   Ir Arriba
  Imprimir  
 
Ir a: